Malgosto

 MALGOSTO. O magosto que sae mal (Foliada/romaría freak) 

Como sería unha festa sen organización e implicación?
Como sería unha festa onde todo sae mal? 


Con estas preguntas na cachola, dende Arteficial decidimos buscarlle resposta facendo o que mellor se nos da: organizar unha festa! Así, no 2022 fixemos un MALgosto. En decembro e sen castañas, pero con foliada e veciñas coas que tivemos a oportunidade de bailar, cantar, falar e partillar ideas e impresións sobre o valor das asociacións e a importancia da implicación de cada persoa á hora de levar adiante proxectos colectivos.  

Logo da boa experiencia, en novembro do 2024 realizamos unha nova edición, e a nosa vontade é que se convirta nun evento a destacar no calendario do Ribeiro 🙂

Edición 2024

Edición 2022