EDICIÓN 2024

CONFIRMACIÓNS 2024

TOLDOS VERDES

Veñen dende Madrid, e son 4 amigos que se coñeceron nun festi e dende aí dixeron: montamos unha banda? Ideaca tiveron! 
Con unha estética costumbrista única, defenden a cultura do barrio (coma nós 😉) e a vida en comunidade. 

A súa actitude punk sumada ó seu son garaje e ritmos frenéticos contrastan coas melodías bailongas e pegadizas que fan de todos os seus directos auténticos festónnnnnns! 🔥
E así é como se definen: kinkis & románticóns.

AUTO SACRAMENTAL

Con influencias que van dende o synth-pop ao postpunk e letras cheas de ironía e sátira política, veñen dispostxs a arrasar nesta vindeira edición. 🔥

No 2019 Auto Sacramental debutan con un EP dixital producido por Guille Mostaza (El Último Vecino, Soledad Vélez) no que exploraba a mística nacional negra a ritmo baile e que inclue o trallazo de synth-punk “Sierra Norte”. 
No 2021 estrean o seu primeiro álbum —Cuestión de fe— do que sairon varios singles rompedores.

Un deses descubrimentos que logo non se esquecen. Vanvos encantar, seguro!

KARAOKE CON ESTEBAN+ROMPECINTURAS SELEKTOR

Cansa de cantar soa na ducha? Alégraste cando alguén propón un karaoke improvisado na situación máis inesperada? Estás de noraboa, temos para ti algo que de seguro che encantará.🕺🏿

Como sabemos que hai unha artista dentro de cada unha de vós, esta edición terás a oportunidade ideal para sacar fóra todo ese potencial que agochas no teu interior: KARAOKE CON ESTEBAN. O lugar para o canto e para dar o cante. 

Para todas as idades, grupos, e artistas en solitario. A partir das 23:00h no máxico Adro da Oliveira, o mellor fin de festa asegurado. ✨

CHARNEGO

Grupo madrileño formado por Pablo Garnelo (Biznaga, Ardora), Marco Lipparelli (Being Berber, Gut Derby), Álvaro Marcos e David Moralejo (Atención Tsunami), todos artistas con proxectos anteriores que se atopan, e, sen poder evitalo, acaban formando tremenda alianza

💫Regreso al Futuro💫 é seu último proxecto, un carnaval grotesco, cheo de monstros👹, confeti🎊 e maxestuosidade 👑 

Uns Marca España que nos interpelan directamente ante as mentiras da nosa actualidade. Pero iso non é todo, xa que o seu próximo traballo sairá en 2025, así que con sorte poderemos ver algo deste proxecto que morremos por coñecer 

MUD

Banda ourensana xurdida a comezos do 2020. Unha proposta innovadora de power trío con baixo, percusións e voz 💥

O seu estilo vai desde o metal máis pesado, pasando por liñas funk, até as músicas do mundo, especialmente as do medio oriente 🌍🌎🌏

ABRIL

Composto por Claudia Abril e Maria Carpente, traballa arredor da música tradicional galega e ibérica, creando un universo propio e orixinal onde se xuntan o violín, as percusións tradicionais, voz e guitarra; no que destaca a personalidade, o seu frescor e sons actuais.

MBYE EBRIMA

Compositor, cantante e narrador de historias de Gambia afincado en Portugal, chega a Ribadavia para compartir con todxs nós a súa música fusión de blues, tradicional Mandinka e máis💫

De familia jéli e tocadores de kora, comezou o seu periplo europeo coa Mother Africa Circus Company, recorrendo África, Suiza e Austria, para posteriomente percorrer diferentes palcos e festivais só e con outros artistas.

Actualmente está traballando en dous álbums, un en solitario e outro coa súa banda

ISAAC PEDROUZO DJ SET

Polifacético é a palabra que mellor define a Isaac. Coma gran melómano que é, non vos deixará indiferentes co seu dj set, así nos pon unha cumbia rompepernas coma un temazo de reguetón, imposible non quedar marabilladas! ⚡

PAULA RR DJ

Se existe unha conexión entre o post punk e o reggaetón, seguramente a atopedes nalgunha das sesións de Paula RR. ✨

Un ano máis, temos o inmensísimo gusto de contar con Paula para deleitarnos coa sua máxica selección de temas para gozar, bailar, facer congas, limbos… todo o que vos apeteza!


ARTEFICIAL 2024

Estamos traballando arreo para a edición 2024… Polo de agora, xa podedes ir anotando na axenda o ⚡7 de setembro⚡Ese sábado será a nosa XVIII edición 🌴

E para ir abrindo boca… PRESENTACIÓN DOBRE o 16 de marzo :))))

Contaremos coa poderosísima SURMA tanto en Lugo, no marabilloso Ho!Gruf en sesión vermú á 13h (entrada libre) coma en Ourense, no noso queridiño Café Pop Torgal ás 21h (entradas dispoñibles en tor.gal).