Ao acubillo do perigo, na noite madrileña, prodúxose o encontro entre Pablo Garnelo (Biznaga, Ardora) e Marco Lipparelli (being Berber, Gut Derby) con Álvaro Marcos e David Moralejo de Atención Tsunami. Tralo deslumbramento inicial, a amizade abriu un periodo de rencontros infiel e intermitente que se prologou durante toda a pandemia e, cuxas impros e primeiros ensaios, lles levou a unha rúa sen saída. É decir, a converterse nunha banda cun puñado de cancións e a posibilidade dun estudio.
Charnego desplegan ante nós unha festa maior, así que sacade o confeti porque «Regreso ao futuro» é como un desfile gramsciano de carrozas con xigantes e cabezudos.