Cartaz 2025

Logo de que a chuvia nos obrigase a cancelar os concertos o pasado ano, este ano vimos con máis forza e ilusión ca nunca. 

Desta vez, traemos un plan B para que en caso de previsións de auga, nin caldeiros de chuvia poidan pararnos 🙂

Así que por aquí vos deixamos tanto o cartaz como o desglose das actividades que realizaremos durante esta XIX festival.

Gardade as datas! 

Volvemos co Malgosto!

Nin Magosto nin Nadal, chega a segunda edición do Malgosto! 🎉✨ Algueirada, tradición, barrio e verbena para aliviar a pena!

Viño do Ribeiro 🍷, música funk 🎶, e a Foliada máis tola de todas! 💃 Non falta nada para celebrar a identidade cultural galega, fusionando tradición e modernidade 🌄

📅 30 de novembro
⏰ 13:00 – 23:00
📍 Local Sociocultural da Madalena (Igrexa da Madalena)

Que todo medre!

Unha das cousas mais importantes para Arteficial é a súa familia e tódalas persoas que fan posible que cada ano enchamos Ribadavia de música, bailes e elegancia tropical. 🌴🌴🌴

Co inicio do 2mil23 lembrámosvos que podedes axudarnos a que esta iniciativa se manteña no tempo facéndovos socias/os de Arteficial por 10 euriños.

Se xa es socia/o, renova e segue xudándonos a facer camiño!

Podes facer a tua aportación co concepto «aportacion socia» en: ES94 2100 5779 2402 0021 5519 

GRAZAS DE ANTEMÁN! 🖤

Seguimos traballando! ⚡

Arteficial 2022

Xa temos data! Anota na axenda, o 3 de setembro toca festivaleo no Ribeiro 🌴⚡

Podes ampliar a info da edición deste ano aqui e tamén podes seguirnos no instagram @festivalarteficial 👋 

Agardamos por ti 🙂

Grazas!

Temos unha depresión Post-Party considerable! 

Que bonito foi o festi deste ano, e reencontrarnos con todos/as vós! 🥺🫂

O equipo de Arteficial sentímonos moi agradecidos de corasón! 💓 Grazas, grazas e máis grazas! 

Longa vida a Arteficial!