Arteficial celebra os seus 20 anos !!

Hai 20 anos naceu Arteficial sen saber ata onde chegaría, e hoxe é moito máis ca un festival: é unha forma de entender a cultura, a comunidade e a resistencia no rural. Levamos Ribadavia por toda Galicia e máis alá, creando rede con artistas e colectivos, e defendendo sempre o acceso á cultura alternativa. Nesta 20ª edición, seguimos medrando coa mesma esencia, levando o noso proxecto a novos territorios para compartir o que somos e o que aínda queremos ser.

20 anos facendo cultura no rural.
20 anos de música, arte, comunidade e resistencia.

Grazas a todas as persoas que formastes parte do camiño.
O mellor aínda está por vir.

Arteficial somos nós. 💗