Somos Arteficial

ARTEFICIAL é unha asociación formada por un grupo de mozas e mozos da comarca do Ribeiro que nace co obxectivo de potenciar novas actividades e mesturar diversas formas de expresión cultural dende unha postura contemporánea e innovadora, atendendo así á demanda da xuventude en xeral. 

A que no adicamos maiormente? A ir a cantos máis concertos mellor, festivais, exposicións de calquera tipo, cine, ceas no Papuxa… E todo isto para inspirarnos e organizar a nosa actividade estrela: O FESTIVAL ARTEFICIAL, un festival musical e interdisciplinar en pleno conxunto histórico de Ribadavia e que este ano 2022 terá lugar o 3 de setembro.

 Xa estamos organizando unha nova edidión e voltamos ao espazo orixinal do festival tras as época duras que nos tocou vivir por mor da Covid-19, poñendo en valor o patrimonio cultural da fermosa vila de Ribadavia e revalorizando espazos do conxunto histórico de Ribadavia.

 Un ano máis vibraremos xuntas con boa música e un gran ambiente festivaleiro.

Seguimos traballando arreo para que o espíritu que define a Arteficial non se perde tras toda esta tolemia de pandemia e, traer de novo este evento que tan felices nos fai, en toda a súa plenitude i esplendor que o caracteriza de romaría diurna alternativa. Porque #AMúsicaNonPodeNonSer

Queres saber máis? Navega pola nosa web (no noso blog atoparás as últimas novidades do festi) ou vente para Ribadavia. Convidámoste a un bo viño do Ribeiro e na taberna poñemoste ao día.

1- Pola súa situación: O Ribeiro, comarca chea de historia e riqueza natural. Termalismo, arquitectura, enoturismo, paisaxe, etc. A súa capital, Ribadavia, ofrece un amplo abano de posibilidades. Situada entre Vigo e Ourense, a distancia adecuada das dúas cidades, fai que sexa moi doado chegar ata ela e, polo tanto, un lugar ideal no que levar a cabo este festival que busca que se achegue xente dende todas as partes de Galiza e Portugal a gozalo.

2. Polo seu formato: ao redor das actuacións musicais teñen lugar outras actividades que veñen a contribuir ao formato de festival cultural que queremos construír. Actividades como exposicións plásticas, recuncho pra crianzas, mercado das sementes.

3. Polas bandas: os grupos que achegamos ata Ribadavia sáense do ciurcuíto habitual de festivais galegos. Se ben hoxe en día xa existe unha rede consolidada na Galiza para o tipo de bandas que programamos podemos afirmar que Arteficial foi un dos pioneiros nunha aposta firme por este tipo de escena.

4. Pola súa equipa de produción: Arteficial é unha asociación sen ánimo de lucro integrada por mozas e mozos do Ribeiro que apostan pola comarca e polo seu desenvolvemento cultural, económico e social. Malia ser un traballo voluntario a produción do festival foi adquirindo ao longo dos anos un carácter profesional que se plasma no resultado e na satisfacción das e dos asistentes e das bandas participantes.