Ribadavia é un concello da provincia de Ourense e a capital da comarca do Ribeiro. Si! Vivimos rodeadas de vides e temos a sorte de disfrutar dos mellores viñazos do país, yeah!
Ademais contamos cun conxunto monumental histórico que paga a pena non perder e que convida a pasear e perderse polos seus recunchos, soportais e miradores. Temos a sorte de vivir nun dos lugares máis fermosos da Galiza e unha das principais referencias históricas do país. Pero é que ademais contamos cunha privilexiada situación xeográfica, estamos ao ladiño de Ourense, de Vigo, moi ben comunicadas con Compostela, Lugo e outras grandes cidades e vilas.
Por que máis somos coñecidas? Pola Festa da Istoria, pola Mostra Internacional de Teatro, pola Noite Meiga, pola Feira do Viño… Si, a cultura e a festa forman parte do noso xenoma, non o podemos evitar.
Pero ademais a contorna ofrece cantidade de actividades e lugares ben fermosos que visitar. Aquí vos deixamos un pequeno listado:
– Visitas a adegas e catas. Ruta do Viño do Ribeiro
– Visita ao Castelo e ao conxunto histórico de Ribadavia. Oficina de Turismo de Ribadavia
– Visitas ao bosque de Ridimoas: Itinerario didáctico que transcurre por distintos hábitats: bosque de ribeira, carballeira, piñeiral, zona monumental, zonas de viñedo e camiños antigos. Contacto: David Rodriguez Barra. Tfno. 678 04 06 54. ridimoas@mixmail.com
– Parque náutico de Castrelo de Miño (a 5 Kms de Ribadavia) Deportes acuáticos, aluguer de embarcacións, tábos de windsurf, kayak, pedaletas… Tfno: 988 49 31 14 // 676 48 41 50 www.clubnauticocastrelo.com
– Rutas de sendeirismo. Máis info aquí.
//// ONDE ESTAMOS ////