Colchoneta Film Festival

Que é o CFF Colchoneta Film Festival?

Pois basicamente un festival de curtametraxes e cine principalmente de temática social. O que fai especial a este festival é a localización (Igrexa da Madalena) e o decorado (colchonetas e alfombras no chan).
A idea que nos leva a propor esta actividade é, por unha banda, a necesidade da realización de eventos culturais en Ribadavia; dotando á vila de actividades que poidan ser distintas e que chamen a atención. Esto incrementa a capacidade de atracción cultural que a nosa vila ten xa de por si.

Por outra banda, a temática que se toca, tenta levar ao público temas de vixente actualidade na sociedade e que por si son importantes. Achega unha temática social á nosa vila á que non poderiamos acceder se non é a través da visualización dos filmes.

A nosa intención é dotar a Ribadavia dun maior programa cultural e por no punto de mira problemáticas sociais que se dan, tanto aquí, como no resto do planeta.

Asemade, o formato pensado para as proxeccións (sentados no chan sobre colchonetas e alfombras) é novidoso; e o espazo pensado (a Igrexa da Madalena) ten as características óptimas para este fin.