Medidas Anti-COVID

Está claro que este ano 2020 esta sendo do máis raruno, e non nos queda outra que tentar adaptarnos á esta «nova normalidade». A edición deste ano presentouse moito máis complicada que a dos anos anteriores, chea de incertidume ante os datos que recibiamos que cambiaban cada pouco tempo; sen estar nunca seguros de que puidésemos chegar a realizar este festival que tanto nos gusta organizar. Pese a todos os inconvintes, tentamos tirar cara diante e non deixamos pasar a oportunidade traer un ano máis, ainda que non sexa co mesmo formato, o Festival Arteficial.

Para que esto sexa posible, e todos e todas podamos desfrutar da mellor forma posible esta edición de Arteficial, temos que seguir unha serie de medidas para sentirnos seguros e seguras dentro do recinto, coa confianza de que tanto o público como a organización serán responsables como para que deste evento só saían cousas boas. Así, o ano que ven, se todo vai ben, poderemos recuperar o noso festival/romería que tanto nos gusta.

Durante o acceso:

  • É obrigatorio o uso de máscara, salvo as excepcións contempladas na lei.
  • Debes respectar a distancia de seguridade interpersoal, salvo excepcións, e facer uso do xel hidroalcólico que a organización porá á túa disposición.
  • A organización controlará que se cumpra a debida de distancia social durante a espera de acceso. Os grupos de familias/amigos que asistan xuntos poden permanecer en grupo durante a espera.
  • Ten a túa entrada preparada cando vaias acceder o recinto. Non a imprimas, recomendámosche que a amoses no teu teléfono móbil.
  • No caso de que no momento de peche de portas ás 19:45 haxa ainda aforo, permitiráse a entrada ata completalo, sempre coa recollida de datos e autorizacións pertinentes.
  • En caso de ser ou acudir con menores de idade, debes traer cuberta a autorización que facilitamos a traves do email dispoñible na nosa web.
  • Non está permitido fumar na cola.

Durante o evento:

  • É obrigatorio o uso de máscara, salvo excepcións legais.
  • Debes respectar a distancia de seguridade interpersoal, salvo ditas excepcións.
  • O espazo constará de cadeiras xa colocadas. En todos os casos as cadeiras serán ocupadas por orde de chegada, estando numeradas, de forma que se permitan os fluxos sen retencións nin aglomeracións e evitando o maior número posible de cruces entre persoas, especialmente cara a cara. Unha vez ocupado un espazo non se poderá cambiar de asento nin cambialo de localización.
  • Non movas as cadeiras. Avisa á organización de ser necesario.
  • No intermedio entre os dous concertos, será posible permanecer levantado na zona do recinto coa finalidade de ir a por bebida/ facer uso dos servizos. En todo caso, os grupos que veñan xuntos deberán permanecer sen mesturarse co resto na medida do posible, coa fin de evitar aglomeracións. Recoméndase de todos xeitos permanecer na zona asignada de cadeiras durante dito interludio.
  • Está prohibido fumar no recinto, se queres facelo debes seguir as indicacións da organización para fumar fóra do recinto, podendo logo volver entrar.
  • Botarase do recinto ás persoas que manifesta e reiteradamente non cumpran as obrigas establecidas ou teñan un comportamento susceptible de poder contaxiar a outras persoas.
  • Ao finalizar o evento, desaloxarase o recinto con calma, de maneira ordenada e graduada. Para garantir a seguridade e as medidas de distanciamento social, sairase por zonas, polo que vos pregamos que non vos movades da vosa zona asignada ata que volo indique o persoal de organización e que sigades as súas indicacións en todo momento.

Para pedir na barra e no acceso aos aseos:

  • Deberás achegarte a pola túa propia bebida e volver ao teu asento. Recoméndase que unha soa persoa por grupo vaia a polas bebidas para o resto, co fin de evitar aglomeracións. 
  • Tanto na barra como nos aseos, haberá filas únicas de acceso ao servizo, de tal modo que se vaia ocupando o posto ou unidade que quede libre, por orde.
  • Na barra, só será posible o pago con diñeiro en metálico.
  • Os aseos contarán con limpeza continuada por unha empresa con servizo certificado.
  • Pedímosche a túa colaboración e que utilices o xel hidroalcólico antes de acceder e ao saír dos aseos.