Un ano máis o festival será de entrada gratuíta para todos e todas as asistentes xa que queremos facer accesibles tanto a música alternativa como propostas máis descoñecidas para o gran público.
Seguindo o noso pensamento de creación de comunidade e fortalecemento da mesma, na pasada edición iniciamos unha colaboración coa Cruz Vermella do Ribeiro que consiste na recollida de alimentos como entrada simbólica e voluntaria ao recinto do festival.
Para esta XIV Edición e atendendo ás necesidades da veciñanza abrimos as doazóns a BENS DE HIXIENE, sobre todo para crianzas!!!
Xa sabedes pois
⚡
⚡ALIMENTOS NON PERECEDEIROS
⚡
⚡
⚡
⚡BENS DE HIXIENE PARA CRIANZAS
⚡
⚡
MILLÓNS DE GRACIAS!