/// SÁBADO 2 DE SETEMBRO DE 2017

Este ano celebramos a XI edición do festival. Once anos traballando arreo no Arteficial. Once! Que se di pronto, pero pasan máis rápido se cadra. Imaxinamos que isto acontece porque adoramos facer o que facemos, reunírmonos, debatir, rachar os miolos buscando bandas que nos emocionen, que exemplifiquen o ben que se están a facer as cousas na Galiza en canto a música se refire, que ofrezan o protagonismo que realmente teñen as mulleres neste panorama, que nos deixen coa boca aberta coa súa orixinalidade, maxistralidade ou espectacularidade no máis amplo sentido da palabra.

Como poderiamos resumir o que é o Festival Arteficial en poucas palabras? Pois trátase dun festival dunha soa xornada, en horario diurno (de 12.00h a 23.00h) no que non só a música é protagonista xa que contamos cunha zona gastronómica con pulpeira, o Mercado das Sementes (mercado de artesanía, fanzines, roupa de segunda man…), exposicións, actividades para crianzas… Ese día queremos encher de vida o barrio da Madalena e disfrutar dunha romaría para todos os gustos.

Así que despois desta pequena intro, ímosvos ir desvelando pouco a pouco o cartelaco que temos preparado para esta edición 2017. Non nos dá chegado o día!

 

first breath after coma-arteficial

FIRST BREATH AFTER COMA

Enchen salas nas principais cidades portuguesas, e incluso tocaron o ano pasado no Festival de Paredes de Coura!

O cruzamento da influencia post-rock co formato canción, fai do seu disco unha sorpresa auspiciosa que era apenas o inicio dunha viaxe que agora ten un segundo capítulo. Pecharanse meses para traballar de mañá á noite en experiencias. Gravaran sons de case todo o que os rodeaba, perdéronse nas discografias da evolución do rock e da música electrónica e o resultado chamado “Drifter” (2016) carrega o ADN dos First Breath After Coma mais apunta aínda máis camiños para o presente e para o futuro desta nova formación leiriense.

Aquí vos queda a ligazón ao seu Bandcamp https://fbac.bandcamp.com/
E aquí, un video: https://www.youtube.com/watch?v=62rSKIBgqas&feature=youtu.be

 

mow-arteficial

MOW!
MOW é o proxecto musical de Gabriela Casero, unha rapaza madrileña de voz aterciopelada que combina elementos de pop e electrónica nunha proposta de desbordante personalidade.
Despois de trastear durante anos coa guitarra, MOW ó evoluciona e empeza a xogar con elementos electrónicos. Desde o inicio da súa proposta buscaba un sonido referenciado por artistas como Angel Olsen, Margaret Glaspy, Sùcre, Sea Oleena, Lydia Ainsworth, Violents e algún remix hortera…

 

soledad velez-arteficial

SOLEDAD VÉLEZ

A prensa compáraa con PJ Harvey e Florence and the Machine, e non é para menos! Ela posúe o carisma, a maxia, a elegancia, a personalidade.. esa seducción salvaxe que só teñen as grandes. No 2016 publicou o disco “Dance and Hunt”, con SUBTERFUGE RECORDS, onde incorpora sons electrónicos ao seu folk escuro, creando un trance místico e hipnóptico que engancha pero ben.
Soledad Vélez é cantante, músico e compositora chilena, afincada en Valencia. Tén actuado en festivais como o FIB de Benicàssim, o Primavera Sound ou o Día da Música, ademáis de tocar por toda a Península e Mexico.

Aquí vai unha ligazón ao seu video «Asteroid» https://www.youtube.com/watch?v=5Y5-LnbVjd4

 

solo astra-arteficial

SOLO ASTRA
Son canarios, viven en Madrid e xa irrumpiron no circuito de rock psicodélico chamando a atención de moitos medios, un déles, en “Hoy Empieza Todo” de Radio 3, no que foron melocotonazo da semana!
No seu primeiro disco “Exofase”, brilla unha mestura de sonoridades como as de King Crimson, Pink Floyd ou Tame Impala.
Que saibades que xa tocaron o ano pasado no FIB, no V de Valarés, no Monkey Week e moooitos festis máis!

Escoitade aquí: https://open.spotify.com/artist/1t2chxbLADPcRDCoBhNyyi

the phantom dragsters-arteficial

THE PHANTOM DRAGSTERS

Desde unha praia oculta en Ourense chega este trío formado por Diego Stringbreaker (guitarra) David Lone Crusher (Baixo) e Abraham Nitro Bandit (Batería) que executa un surf instrumental de alto octanaxe que propiciou que o locutor de radio Franky Zwiller os presentase no seu programa de Radiolux como “tremendo killer surf sound”.

En pouco máis de dous anos desde os seus comenzos, a banda leva ás súas costas máis de 50 concertos por Galicia, onde tocaron no Surfing the Lerez, no Nordestazo (e máis), e no estado Español, en festis como o Surforama de Valencia, o Motorbeach Fest de Asturias e moitos máis.…
O seu tema “bikini Beach” (2015), foi seleccionado como un dos mellores do ano 2015 por Diego Rj no programa “El Sótano de Radio 3” , que tanto nos gusta e tomamos como referencia.
De momento non hai moito máis que contar…. O resto está a punto de convertirse en historia!!!!

⚡️⚡️MØURΔ⚡️⚡️
É a nova banda que confirmamos para o #arteficial2017

(do precelta: marwo «morto», do grego: moira «destino», do celta: mori «mar», mori-morwen «serea», mahra «espírito»)

A MØURΔ é un dos seres mitolóxicos de orixe prerromana máis fascinantes do folclore galego. Fonte de múltiples lendas, a MØURΔ é portadora de poderes sobrenaturais e figura inspiradora para cinco druídas cósmicos que renden culto á liserxia pangalaica en forma de longas improvisacións, melodías psicodélicas, cantos pastorais e ritmos tribais envoltos en ecos de tempos pasados.

A carón de ríos, pontes, pozos, cavernas e antigos lugares de culto, a MØURΔ peitea os seus longos cabelos louros coma o ouro ou negros coma a noite, a primixenia dualidade universal tamén presente na súa música.

– DIEGO VEIGA (Lüger, Jet Lag, One Of These Days & THRTCLab.)
– HUGO SANTEIRO (Ictus, Guerrera)
– PEDRO ALBERTE (Saharah, Julius)
– FERNANDO VILABOY (Elephant Band, Fogbound, One Of These Days & THRTCLab.)
– LUIS CASANOVA (Guerrera, Holywater)

Ah, e veñen directos dende o Atlántico, dende A Coruña

BLIUSVAI
Bliusvai é un proxecto artístico de música ecolóxica. A voz, coma elemento primitivo e ancestral, ten unha infinita capacidade para xerar texturas, e aquí constrúe os elementos melódicos e harmónicos básicos dunha sonoridade que convive cunha escenografía en sinerxia coa propia música.
Da man do noso admirado Rubén Fernández, teclado e voz en WhyGo, e xunto a unhas compañeiras de moitísimo level, preséntannos unha performance musical orixinal e vangardista chea de forza e ritmo. Bliusvai representa o renacer do ser humano a través da pedra, a auga, a terra, a area e o vento da voz que o leva…

Talento galego na diáspora!

«Voltei. Nunca partira.
Alongarme somente foi o xeito
de ficar para sempre»
Jose Ángel Valente

www.bliusvai.com
-Música: Rubén Fernández
-Dirección artística: Macarena Palacios

Performance:
-Voces, beatbox e loops: Rubén Fernández
-Violín,teclado e voz: Margarida Olivé
-Loops,electrónica, baixo e voz: Esteban Varela

 

? DRUSO ?

Esta xa se cheiraba, non si? 😉
Porque é medio colegui
Porque sempre saúda
Porque ten traballado moitas veces na vila
Porque é un musicote
Porque Ourense é un arrabalde de Ribadavia e punto.

Druso é a nova aposta de @SubterfugeRecords para 2017, un músico novo, cantante, compositor, multi instrumentista e letrista galego.
Comenzou a facer música no instituto, case obsesionado cos grupos noventeiros como Pavament, Sonic Youth, Yo la Tengo, etc… Pasou por moitas bandas de todo tipo dende música experimental ate folk pero sempre apoiando proxectos de outras persoas (Marem Ladson, Os Amigos dos Músicos).
Despois de dar moitas voltas atópase a si mesmo: recoñécese coma un romántico e que o que quere facer son cancións de amor grabadas no local de ensaio. Así nace Druso que, non se sorprendan, é o seu nome real.
A súa música está conectada coa dos Beatles, os Byrds, Modern Lovers, o garage que escoitas nos bares tomando un Ballantines con cola e os grupos de Burger Records, pero todo pasado polo filtro das súas propias obsesións na cultura pop como Loquillo, Sergio Dalma, Dinamita pa los Pollos, el rock argentino de los 70… Se ben estas últimas influencias non se reflicten con toda claridade, no musical axudan a conformar o espíritu da súa música.
A música de Druso Band trata de celebrar o amor, o ser novo e non ter un peso e o propio feito de facer música.
«Estou desexando ir ás vilas do mundo a cantar a miña canción», confesa mentres se toma un Ballantines con cola.

BLAAK HEAT

VESANIA PSICODÉLICA
VASTÍSIMA LUZ DE ARGEL
???????

Como un soño febril Anatolio, BLAAK HEAT absorbe a túa mente con imaxes de espellismos de castelos místicos, pechando corpo e alma nun océano de ecos distorsionados. “Mojave soundtracks” (Blabbermouth.net) está creado sobre unha rica historia de tradición musical, pasando dende o Medio Este ata as praias e desertos de California, cun pé aínda asentado nas rúas de París. O resultado final é unha vívida mestura de retumbante rock psicodélico e tonalidades árabes, un altar aos intensos riffs, á expansión mental, e ás rebeldías sociais.
Orixinados en París, Francia, a través do guitarrista e cantante Thomas Bellier (ex-Spindrift) en 2008, BLAAK HEAT movéronse a Los Ángeles en 2012 coa axuda do batería Mike Amster, uníndoselles posteriormente o antigo compañeiro de Spindrift Henry Evans no baixo. A banda tocou en Europa e nos Estados Unidos moi extensamente. Despois de tres lanzamentos (dous álbums, un EP) e múltiples colaboracións entre as que se atopa o poeta nomeado ao Premio Nobel Ron Whitehead, BLAAK HEAT acaba de lanzar o seu terceiro longa duración, Shifting Mirrors, producido polo gañador do Grammy Matt Hyde (Slayer, Monster Magnet, Deftones) en Svart Records e TeePee Records.

“ Un estándar novo para unha xeración nova” (PopMatters)

“Case demasiado bo para ser crido” (Loudwire)

“Odas de culto á marihuana que tremen con fortes punteos de baixo e engaiolan cunha sensación mística que desafía a consciencia” (Prog Magazine)

 

LOS BENGALA

Coñecelos no Festival VdeValarés e namorar deles no Esmorga Fest
Amor a primeira vista ?

Van de bestas perigosas pero sabemos que son uns micos románticos sen remedio
Se non se pode bailar non é a nosa revolución!!!!!
<3 <3 <3

Los Bengala son un rudimentario tándem formado por Guillermo Sinnerman (voz/guitarra) e Borja Téllez (voz/batería).

Únicamente dous instrumentos e as súas voces. Únicamente ritmo e machetes. Cancións curtas, concisas, que buscan o festexo de quen as escoita.

Co seu celebrado álbum debut «Incluso Festivos», publicado conxuntamente por Dirty Water Records de Londres e Wild Lion Records, deron un golpe sobre a táboa e conságranse como unha das bandas de rocanrrol máis estimulantes.

Los Bengala no teñen inventado nada novo pero o certo é que non hai nada máis que sone como eles. Os simples e poderosos acordes de Guillermo na guitarra, respaldados polos complexos ritmos do baterista Borja e ambos a coro na voz principal, crean unha enerxía totalmente irresistible.

The Guardian, un dos xornais máis grandes, antigos e recoñecidos do Reino Unido nombrounos como unha das bandas máis relevantes na escena do rock’n’roll.
“Non me morderei a lingua: son do mellor que hai agora mismo en este país. Mojo a tope, estribillos telúricos e moito ritmo do garaxe” — Ruta 66
“O grupo presenta unha honestidade e credibilidade que, xunto aoirresistible das súas cancións e o seu bagaxe musical, derivan en media hora chea de himnos case instantáneos.” — Mondo Sonoro.

 

? JUANA CHICHARRO  ?

A nova Martirio, a faraona da Celsa, Val do Kas e o Pozo do Tío Raimundo, a diva da xeringuiña do mercado dos xoves, a treboada marbellí… Son moitos os apodos que recibiu Juana Chicharro durante máis dunha década nos escenarios, pero ningún fai verdadeira xustiza ó seu legado.
Copla-punk? Garaxe aflamencado? Rock urbán de raíz? Tal vez tampouco esta vez funcionen as etiquetas. Hai rock & roll, abofé, pero ningún atisbo de ortodoxia. A Juana e os seus escudeiros (Roberto, Cecilia e Miguel), as cancións sáenlles como lles saen: ás veces melódicas, outras ruidosas, pero sempre con personalidade. Non hai trampa nin cartón, nin exercicios de estilo.

Resumindo: versións dos The Cramps, mestura entre Texas Terri e Juanita Reina.. En serio vola ides perder??

Parece que no podemos encontrar lo que estás buscando. Tal vez la búsqueda le pueda ayudar.