Arteficial sustentable

O Festival Arteficial ten lugar en Ribadavia, a capital do Ribeiro. Estamos, pois, nunha comarca rural onde a natureza é omnipresente. Porén, nos últimos anos tamén se volveu moi real o contexto de emerxencia climática.

Dende 2022 formamos parte do Pacto Cultura Sustentable, mediante o cal procuramos melloras para que as actividades do festival teñan o mínimo impacto negativo no medio, promovendo accións de reciclaxe, consumo de proximidade e eliminación de barreiras de acceso á cultura… Para levalas a cabo, guiámonos tanto polas indicacións do Pacto, como pola Axenda 2030 da ONU.

En resumo, se queremos unha cultura sustentable, debemos traballar para conseguila 🙂 Así, dende Arteficial elaboramos un plan ambicioso que buscamos desenvolver a un ritmo realista, pero sen pausa.

Podes ollar as nosas actuacións aquí: