«As asociacións que traballan unidas, mantéñense unidas». Esta idea levou ao Arteficial a colaborar por primeira vez este ano coa marabillosa Mostra Internacional de Teatro (MIT) para poder traer en concerto a unha gran artista galega: Mónica de Nut, que namorará os oídos de todo aquel que queira asistir ao seu concerto este sábado 22 de xullo a 01.00h na Praza Maior de Ribadavia.
Esta artista, versada en varios estilos musicais, preséntanos o seu novo disco Raíces Aéreas, gravado xunto as arpas celtas e electrónicas do prodixioso Luis Martíns e coa colaboración de Lucía Martínez na percusión, zanfona e obxectos sonoros. O disco está producido pola discográfica Freecode. O son está a cargo de Isaac Millán (Lagharteira Producións) e o deseño gráfico por Uqui Permui.
Raíces Aéreas está inspirado nas gravacións de recollida do campo de Galicia e nos cantos de mulleres, que cos seus sons crus, vitais e poderosos transmítennos a forza ancestral e móstrannos a nosa natureza esencial.
Estamos moi emocionad@s con esta nova colaboración (que esperamos que non sexa a última) así que convidamos a todo aquel/aquela disposta a disfrutar da boa música que se achegue ata Ribadavia o 22 de xullo e tamén vos agardamos o 2 de setembro na nova edición do festival Arteficial.
Coma sempre, queremos agradecerlles aos nosos patrocinadores por darnos esta oportunidade de potenciar e atraer a cultura a nosa zona:
- Adega Pousadoiro
- Grupo Reboreda
- Sabores Distintos
- Mapfre
- Antonio Montero Viños de Autor
- Catalana Occidente
- Vinoteca Ribadavia
- Allianz
- Restaurante Plaza
- La Huella del Gato
- Rótulos Miguélez