Xa temos data! Anota na axenda, o 3 de setembro toca festivaleo no Ribeiro 🌴⚡
Podes ampliar a info da edición deste ano aqui e tamén podes seguirnos no instagram @festivalarteficial 👋
Agardamos por ti 🙂

Xa temos data! Anota na axenda, o 3 de setembro toca festivaleo no Ribeiro 🌴⚡
Podes ampliar a info da edición deste ano aqui e tamén podes seguirnos no instagram @festivalarteficial 👋
Agardamos por ti 🙂
⚡⚡⚡ FAI A TÚA RESERVA ⚡⚡⚡
🌴Vés celebrar o festival Arteficial connosco?🌴
Pois se queres a túa entrada fai a reserva no email ➡️ sementes@arteficial.org canto antes! O aforo é moi reducido! Envíanos o nome e apelidos dos asistentes, número de DNI e o voso teléfono de contacto. Podes realizar reserva de ata 6 entradas por persoa. 🙃
Este ano a edición do festi será na Alameda de Ribadavia (como no ano 2020) para poder cumprir todos os protocolos desta M de pandemia. E a boa nova é que teremos un horario máis amplo, sesión vermú e concerto no Castelo de Ribadavia a noitiña.
Iremosvos informando dos horarios!
Vémonos e bailámonos o día 4 de septembro!
#AMúsicaNonPodeNonSer e
#Arteficial2021 vai ser da man de:
@noiserv@lamontagne_picoamp@osamigosdosmusicos@niki.moss e outras sorpresas!
GRAZAS A:
@concelloribadavia@cervezasalhambra
#AlhambraLagerSingular
@doppler_gestion_cultural#AsociacionColleiteirosDoRibeiro#AGPXC#CruzVermellaDoRibeiro@bodegaslodeiros
🌴⚡️A R T E F I C I A L 2 0 2 1⚡️🌴
Pois así queda a XV edición do Arteficial, o noso pequeno festivaliño lumpen do Ribeiro🌿. E haberá máis sopresiñas por anunciar! 🤩
Ficade atentas ás redes sociais! En breves comunicaremos día e hora a partir do cal realizar as reservas de entradas 🗓️
Lume! 🔥 Porque, nestes tempos máis que nunca, #AMúsicaNonPodeNonSer
#Arteficial2021
O primeiro sábado de setembro, un ano máis, temos unha cita! 🤩🌴🌞
Apuntade no calendario: ⚡4 de setembro do 2021 ⚡
Ah, e na sección Actividades -> Presentacións podedes botarlle ollo a como foi o doble concerto/presentación da data do festival en colaboración co Neou, o pasado 29 de maio. Las Cruzes + Calavento fixéronnos bailar coma tolas, mesmo dende as cadeiras!
Pronto iremos desvelando máis información. Ficade atentas!
#AMúsicaNonPodeNonSer
🌴⚡🌴⚡🌴⚡🌴
E quen somos nós?
Pois ti que les isto, a veciña da Madalena, o veciño da Oliveira, as crianzas que xogan nos Xardinillos, quen pediu un licorciño na nosa barra, todas e todos os que tedes colaborado connosco ao longo destos 12 anos de andadura, as que bailades no público, os que rillades o pulpo na zona gastronómica, as artistas do Mercado das Sementes…
Arteficial somos unha familia que non se enfada nas ceas do Nadal nin te obrigamos a vir comer os domingos.
Levamos case 12 anos traballando arreo, probando, investigando e loitando por sacar adiante unha proposta diferente e orixinal. E sentimos que cada vez facémolo un chisquiño mellor xa que o apoio que recibimos medra cada día.
Pero este Nadal vímonos na obriga de buscar financiamento fóra das liñas que tiñamos ata agora e é que as axudas públicas cada vez son menores, redúcennos o apoio económico e inda que somos un festival pequeniño facer as cousas ben implica ter un bo peto.
Así que estamos en plena campaña de búsqueda de socias e socios que cunha achega simbólica de 10 euros facedes posible que a tolemia siga adiante.
Xa fostes moitas as que vos animastes: GRAZAS DE TODO CORAZÓN. <3
E as que inda non sodes socias… se nos queredes, venirse! Que somos unha familia ben riquiña!
– Ainhoaficial –
«As asociacións que traballan unidas, mantéñense unidas». Esta idea levou ao Arteficial a colaborar por primeira vez este ano coa marabillosa Mostra Internacional de Teatro (MIT) para poder traer en concerto a unha gran artista galega: Mónica de Nut, que namorará os oídos de todo aquel que queira asistir ao seu concerto este sábado 22 de xullo a 01.00h na Praza Maior de Ribadavia.
Esta artista, versada en varios estilos musicais, preséntanos o seu novo disco Raíces Aéreas, gravado xunto as arpas celtas e electrónicas do prodixioso Luis Martíns e coa colaboración de Lucía Martínez na percusión, zanfona e obxectos sonoros. O disco está producido pola discográfica Freecode. O son está a cargo de Isaac Millán (Lagharteira Producións) e o deseño gráfico por Uqui Permui.
Raíces Aéreas está inspirado nas gravacións de recollida do campo de Galicia e nos cantos de mulleres, que cos seus sons crus, vitais e poderosos transmítennos a forza ancestral e móstrannos a nosa natureza esencial.
Estamos moi emocionad@s con esta nova colaboración (que esperamos que non sexa a última) así que convidamos a todo aquel/aquela disposta a disfrutar da boa música que se achegue ata Ribadavia o 22 de xullo e tamén vos agardamos o 2 de setembro na nova edición do festival Arteficial.
Coma sempre, queremos agradecerlles aos nosos patrocinadores por darnos esta oportunidade de potenciar e atraer a cultura a nosa zona:
O XI Festival Arteficial volta un ano máis co seu formato de festival/romaría de música alternativa ao longo do sábado 2 de setembro e con entrada gratuíta. Xa consolidado como un dos referentes da alternativa do norte da península, nun marco incomprabale como é o corazón da vila medieval de Ribadavia.
Ademais este ano tamén se celebrará unha presentación do festival, que terá lugar o 27 de maio nas salas El Pueblo e café Pop Torgal de Ourense. As entradas terán un prezo de 10 euros e permetirase a entrada ata que se complete o aforo. O evento está patrocinado por Todomedre, Jägermeister music e Festival Arteficial.
Nela actuarán:
19:00 H – Café & Pop Torgal
Amante das cancións de amor latinas e dos guitarrós, Druso presentase en sociedade na súa casa! Estade preparados para perder a razón. Druso acaba de presentar a súa fichaxe por Subterfuge records e presentará o seu proxecto este mesmo día.
21:00 H – El Pueblo Café Cultural
Psicodelia por un lado e suor polo outro xogando xuntos nun partido que promete emocións fortes e goles nos últimos minutos!
0:00 h a 03:00 h – Café & Pop Torgal
Dúas xeneracións unidas polo Jägger , o vocoder e a pasión por menear o traseiro.
O festival celebrarase dende as 12:00 ata as 23:30 nos tres escenarios principais (Escenario San Miguel, Escenario Reboreda e Escenario Doppler), no conxunto histórico de Ribadavia, polos que pasarán nove bandas. Ademais teremos unha zona de mercado alternativo, “o Mercado das Sementes”, onde será posible atopar dende revistas e comics ata roupa; e zona de xantar, con polbo, hamburguesas de tenreira galega e outros produtos da zona.
As bandas xa confirmadas para esta nova edición son:
O Festival conta entre os seus patrocinadores e colaboradores oficias co apoio de San Miguel, Gran Reboreda Morgadio, Bodegas Lodeiros, Deputación de Ourense, Concello de Ribadavia e Xunta de Galicia (Cultura).
Toda a información no Facebook: Festival Arteficial Ribadavia