Dous días, dous concertos, unha mesma vibra

📍 29.05 — Auriense Café Cultural (Ourense)
Para ir quentando motores, verémonos ás 19:30 no Secret Bridge Tattoo cunha pinchada de balde a cargo de David Diz.
E despois continuaremos a noite en El Pueblo Café Cultural, cunha sesión de Arteficial e amigxs, tamén de balde.

📍 30.05 — Granja Douteiro (Francelos)
Un concerto nun enclave único, rodeados de natureza e comunidade.

Concerto da banda francesa Mad Foxes

📍 12.06 — Abadía da Cova (O Saviñao – Ribeira Sacra)
📍 13.06 — Surfing The Lérez (Pontevedra)
📍 14.06 — Club Clavicémbalo (Lugo)

Grazas a todas as persoas que apoiades, apoiastes e apoiarán este colectivo sen ánimo de lucro, pero con moitísimo ánimo de baile, festa, risas e amizades.

Seguimos. E celebrámolo como se fose a última vez. Acompañádesnos?

Arteficial celebra os seus 20 anos !!

Hai 20 anos naceu Arteficial sen saber ata onde chegaría, e hoxe é moito máis ca un festival: é unha forma de entender a cultura, a comunidade e a resistencia no rural. Levamos Ribadavia por toda Galicia e máis alá, creando rede con artistas e colectivos, e defendendo sempre o acceso á cultura alternativa. Nesta 20ª edición, seguimos medrando coa mesma esencia, levando o noso proxecto a novos territorios para compartir o que somos e o que aínda queremos ser.

20 anos facendo cultura no rural.
20 anos de música, arte, comunidade e resistencia.

Grazas a todas as persoas que formastes parte do camiño.
O mellor aínda está por vir.

Arteficial somos nós. 💗

Que todo medre !

Unha das cousas mais importantes para Arteficial é a súa familia e tódalas persoas que fan posible que cada ano enchamos Ribadavia de música, bailes e elegancia tropical. ???

Co inicio do 2mil23 lembrámosvos que podedes axudarnos a que esta iniciativa se manteña no tempo facéndovos socias/os de Arteficial por 10 euriños.

Se xa es socia/o, renova e segue xudándonos a facer camiño!

Podes facer a tua aportación co concepto «aportacion socia» en: ES94 2100 5779 2402 0021 5519 

GRAZAS DE ANTEMÁN! ?

Seguimos traballando! ⚡