E quen somos nós?
Pois ti que les isto, a veciña da Madalena, o veciño da Oliveira, as crianzas que xogan nos Xardinillos, quen pediu un licorciño na nosa barra, todas e todos os que tedes colaborado connosco ao longo destos 12 anos de andadura, as que bailades no público, os que rillades o pulpo na zona gastronómica, as artistas do Mercado das Sementes…
Arteficial somos unha familia que non se enfada nas ceas do Nadal nin te obrigamos a vir comer os domingos.
Levamos case 12 anos traballando arreo, probando, investigando e loitando por sacar adiante unha proposta diferente e orixinal. E sentimos que cada vez facémolo un chisquiño mellor xa que o apoio que recibimos medra cada día.
Pero este Nadal vímonos na obriga de buscar financiamento fóra das liñas que tiñamos ata agora e é que as axudas públicas cada vez son menores, redúcennos o apoio económico e inda que somos un festival pequeniño facer as cousas ben implica ter un bo peto.
Así que estamos en plena campaña de búsqueda de socias e socios que cunha achega simbólica de 10 euros facedes posible que a tolemia siga adiante.
Xa fostes moitas as que vos animastes: GRAZAS DE TODO CORAZÓN. <3
E as que inda non sodes socias… se nos queredes, venirse! Que somos unha familia ben riquiña!
– Ainhoaficial –