O XI Festival Arteficial volta un ano máis co seu formato de festival/romaría de música alternativa ao longo do sábado 2 de setembro e con entrada gratuíta. Xa consolidado como un dos referentes da alternativa do norte da península, nun marco incomprabale como é o corazón da vila medieval de Ribadavia.

             Ademais este ano tamén se celebrará unha presentación do festival, que terá lugar o 27 de maio nas salas El Pueblo e café Pop Torgal de Ourense. As entradas terán un prezo de 10 euros e permetirase a entrada ata que se complete o aforo. O evento está patrocinado por Todomedre, Jägermeister music e Festival Arteficial.

            Nela actuarán:

  • Druso Band ¡PREMIERE!

19:00 H – Café & Pop Torgal

Amante das cancións de amor latinas e dos guitarrós, Druso presentase en sociedade na súa casa! Estade preparados para perder a razón. Druso acaba de presentar a súa fichaxe por Subterfuge records e presentará o seu proxecto este mesmo día.

  • Solo Astra + Texxcoco

21:00 H – El Pueblo Café Cultural

Psicodelia por un lado e suor polo outro xogando xuntos nun partido que promete emocións fortes e goles nos últimos minutos!

  • Mansanet + Pepdrouzo Pinchadisco “La cumbia mató al trap!”

0:00 h a 03:00 h – Café & Pop Torgal

Dúas xeneracións unidas polo Jägger , o vocoder e a pasión por menear o traseiro.

 

O festival celebrarase dende as 12:00 ata as 23:30 nos tres escenarios principais (Escenario San Miguel, Escenario Reboreda e Escenario Doppler), no conxunto histórico de Ribadavia, polos que pasarán nove bandas. Ademais teremos unha zona de mercado alternativo, “o Mercado das Sementes”, onde será posible atopar dende revistas e comics ata roupa; e zona de xantar, con polbo, hamburguesas de tenreira galega e outros produtos da zona.

            As bandas xa confirmadas para esta nova edición son:

  • Soledad Velez. Esta cantante, músico e compositora chilena, afincada en Valencia é a primeria confirmación do Arteficial. No seu último disco “Dance and Hunt”, con SUBTERFUGE RECORDS, incorpora sons electrónicos ao seu folk escuro, creando un trance místico e hipnótico que engancha pero ben.
  • First Breath After Coma. Este ano o disco ”Drifter” (2016) destes portugueses está nomeado a mellor álbum europeo de música independente Impala Impala – Independent Music Companies Association. Nel únense a influencia post-rock co formato canción, facendo del unah sorpresa auspiciosa que foi o incio dunha viaxe que agora xa ten un segundo capítulo.
  • Mow. É o proxecto musical de Gabriela Casero, unha rapaza madrileña de voz aterciopelada que combina elementos de pop e electrónica nunha proposta de desbordante personalidade.
  • Solo Astra. Estes canarios afincados en Madrid irrumpen no circuito de rock psicodélico chamando a atención de moitos medios. No seu primeiro disco “Exofase”, brilla unha mestura de sonoridades como as de King Crimson, Pink Floyd ou Tame Impala.
  • The Phantom Dragsters. Desde unha praia oculta en Ourense chega este trío formado por Diego Stringbreaker (guitarra) David Lone Crusher (Baixo) e Abraham Nitro Bandit (Batería) que executando un surf instrumental de alto octanaxe. O seu tema “bikini Beach” (2015), foi seleccionado como un dos mellores do ano 2015 por Diego Rj no programa “El Sótano de Radio 3”.

 

O Festival conta entre os seus patrocinadores e colaboradores oficias co apoio de San Miguel, Gran Reboreda Morgadio, Bodegas Lodeiros, Deputación de Ourense, Concello de Ribadavia e Xunta de Galicia (Cultura).

 

Toda a información no Facebook: Festival Arteficial Ribadavia

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*